{"id":127,"date":"2024-12-18T19:33:17","date_gmt":"2024-12-18T18:33:17","guid":{"rendered":"https:\/\/castellum.terrum.social\/?page_id=127"},"modified":"2024-12-19T10:59:17","modified_gmt":"2024-12-19T09:59:17","slug":"o-proxecto","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/o-proxecto\/","title":{"rendered":"O Proxecto"},"content":{"rendered":"\n<p>Iniciamos dende a <a href=\"https:\/\/terrum.social\/fundacion-terrum-2\/\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/terrum.social\/fundacion-terrum-2\/\">Fundaci\u00f3n Terrum<\/a> o proxecto <strong>Castellum Terrae<\/strong> (aka: <em>Proxecto Castelo<\/em>), unha proposta de <a href=\"https:\/\/analogforestry.org\/es\/foresteria-analoga\/\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/analogforestry.org\/es\/foresteria-analoga\/\">agroforester\u0131\u0301a an\u00e1loga<\/a> na que crearemos un bosque de alimentos <a href=\"https:\/\/www1.sedecatastro.gob.es\/Cartografia\/mapa.aspx?del=27&amp;mun=58&amp;refcat=27058A025001350000ZJ&amp;final=&amp;ZV=NO&amp;anyoZV=\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/www1.sedecatastro.gob.es\/Cartografia\/mapa.aspx?del=27&amp;mun=58&amp;refcat=27058A025001350000ZJ&amp;final=&amp;ZV=NO&amp;anyoZV=\">nunha finca de perto de d\u00faas hect\u00e1reas<\/a> chamada <strong>O Castelo<\/strong> que foi adquirida pola fundaci\u00f3n recentemente e que se atopa a poucos metros da propia <em>Delegaci\u00f3n de Lugo<\/em> no lugar do Regato, na parroquia de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/San_Vitoiro_de_Ribas_de_Mi%C3%B1o,_O_Savi%C3%B1ao\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/San_Vitoiro_de_Ribas_de_Mi%C3%B1o,_O_Savi%C3%B1ao\">San Vitorio de Ribas de Mi\u00f1o<\/a> (O Savi\u00f1ao) en pleno coraz\u00f3n da Ribeira Sacra luguesa.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"759\" src=\"https:\/\/castellum.terrum.social\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/foto001-1024x759.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-102\" srcset=\"https:\/\/castellum.terrum.social\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/foto001-1024x759.jpeg 1024w, https:\/\/castellum.terrum.social\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/foto001-300x222.jpeg 300w, https:\/\/castellum.terrum.social\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/foto001-768x569.jpeg 768w, https:\/\/castellum.terrum.social\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/foto001-1536x1139.jpeg 1536w, https:\/\/castellum.terrum.social\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/foto001-2048x1518.jpeg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>O terreo foi previamente un monocultivo de pi\u00f1eiral (<em>pinus pinaster<\/em>) que quedou degradado trala corta e sen aproveitamento agr\u0131\u0301cola dende hai case dez anos. Actualmente at\u00f3pase en barbeito e en proceso natural de sucesi\u00f3n ecol\u00f3xica cara a unha matorreira de xesta, codeso e diversas adventicias. A superficie ten unha inclinaci\u00f3n moderada propia da zona, que en conxunto forma parte dos can\u00f3s do Mi\u00f1o Medio, actualmente asolagados polo encoro de Belesar, o cal lle da a todo o entorno un car\u00e1cter de media monta\u00f1a ao p\u00e9 dunha lagoa. Dende a cima norte contamos cunha paisaxe especialmente fermosa, na que se divisa a Serra do Faro ao completo nos concellos de Chantada, Rodeiro e A Golada, e tam\u00e9n boa parte da ribeira do concello de Taboada. No contorno, especialmente nas partes que lindan con cami\u00f1o p\u00fablico, conta con algunhas \u00e1rbores xa asentadas de diferente porte como carballos, casti\u00f1eiros, cirdeiras e algunha nogueira. No interior, no medio do pequeno val que constit\u00fae o predio, at\u00f3pase xeorreferenciado pola Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica de Mi\u00f1o-Sil o nacemento do rego denominado Regato, se ben na realidade hai xa lustros que o seu nacemento se foi desprazando cara abaixo a outras fincas en direcci\u00f3n oeste a causa da alteraci\u00f3n do r\u00e9xime h\u0131\u0301drico e da perda de masas forest\u00e1is monte arriba chegando a secar boa parte do ano.<\/p>\n\n\n\n<p>En termos clim\u00e1ticos, o espazo no que habemos desenvolver este proxecto at\u00f3pase inclu\u0131\u0301do nun clima atl\u00e1ntico oce\u00e1nico con rasgos continent\u00e1is, con invernos e vraos m\u00e1is rigurosos, menor precipitaci\u00f3n que na costa e ventos ocasionalmente intensos. A bisbarra at\u00f3pase escasamente poboada habendo pouca actividade humana, o que favorece a presenza de fauna salvaxe diversa: xabar\u0131\u0301n, raposo, corzo, xeneta, teixo, aves, rapaces, rept\u0131\u0301s, anfibios, etc.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Principios<\/h2>\n\n\n\n<p>A implementaci\u00f3n deste proxecto faise dende o punto de partida de tres modelos pr\u00e1cticos dos que o campesi\u00f1o xapon\u00e9s <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Masanobu_Fukuoka\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Masanobu_Fukuoka\">Masanobu Fukuoka<\/a> foi pioneiro, e que son os que actualmente resoan de xeito m\u00e1is arm\u00f3nico cos fins da propia fundaci\u00f3n: <strong>permacultura, agricultura rexenerativa e agricultura sintr\u00f3pica<\/strong> e ser\u00e1n os que proporcionen os principios e t\u00e9cnicas b\u00e1sicas no seu desenvolvemento ao longo do tempo, xa que -polas s\u00faas caracter\u0131\u0301sticas intr\u0131\u0301nsecas- o proxecto se constit\u00fae dende un hourizonte a longo prazo, mesmo xeracional. Doutra banda, a propia fundaci\u00f3n conta xa cun proxecto similar anterior &#8211;<a href=\"https:\/\/terrum.social\/o-bosque-da-memoria\/\">o Bosque da Memoria<\/a>-, sito na sede central do Val do Dubra e do que \u00e9ste vir\u00eda a ser unha extensi\u00f3n e unha profundizaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Permacultura<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Fundada polos ecoloxistas Bill Mollison e David Holmgren na d\u00e9cada de 1970 a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Permacultura\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Permacultura\">permacultura<\/a> (neoloxismo derivado de \u201d<em>cultura<\/em>\u201d e \u201d<em>permanente<\/em>\u201d) \u00e9 un <strong>sistema de dese\u00f1o<\/strong> baseado na observaci\u00f3n e imitaci\u00f3n dos procesos naturais para crear entornos humanos viableis resilientes a longo prazo. O seu obxectivo \u00e9 establecer sistemas agr\u0131\u0301colas, enerx\u00e9ticos e sociais que sexan autosuficientes, xestionen os recursos de forma eficiente e fagan un uso respectuoso do medio ambiente.<\/p>\n\n\n\n<p>Os principios fundament\u00e1is da permacultura son:<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Coidar da terra:<\/strong> protexer e restaurar os ecosistemas naturais, millorando a sa\u00fade do solo, a biodiversidade e os recursos naturais.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Coidar das persoas:<\/strong> fomentar comunidades xustas, equitativas e colaborativas, que aseguren as necesidades humanas b\u00e1sicas e o benestar de t\u00f3dolos membros.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Repartir os excedentes:<\/strong> distribu\u0131\u0301r de maneira equitativa os recursos e os excedentes creados polos sistemas para garantir a xustiza social e ecol\u00f3xica.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Observar e interactuar:<\/strong> observar os sistemas naturais e os seus patr\u00f3ns antes de actuar, adapt\u00e1ndose \u00e1s condici\u00f3ns locais e millorando as intervenci\u00f3ns.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Capturar e almacenar enerx\u0131\u0301a:<\/strong> aproveitar os recursos renovables e locais de forma eficiente, almacenando enerx\u0131\u0301a e materiais cando estean dispo\u00f1ibles.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Obter un rendemento \u00fatil:<\/strong> asegurarse de que os sistemas son produtivos e proporcionan os bens e servizos necesarios para satisfacer as necesidades humanas.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Aplicar a auto-regulaci\u00f3n e a realimentaci\u00f3n:<\/strong> adaptar os sistemas para que se autoregulen e corrixan automaticamente os posibles problemas, evitando a sobreexplotaci\u00f3n dos recursos.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Producir sen residuos:<\/strong> minimizar a xeraci\u00f3n de residuos, reutilizando materiais e recursos dentro do propio sistema.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Dese\u00f1ar dende os patr\u00f3ns ao detalle:<\/strong> comezar o dese\u00f1o observando os patr\u00f3ns m\u00e1is xer\u00e1is do sistema e ir facendo o dese\u00f1o m\u00e1is detallado conforme se comprendan millor os procesos naturais.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Integrar en troques de segregar:<\/strong> fomentar a interacci\u00f3n e a colaboraci\u00f3n entre elementos do sistema para que traballen xuntos, creando sinerxias que aumenten a s\u00faa eficiencia.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Usar soluci\u00f3ns pequenas e lentas:<\/strong> priorizar as soluci\u00f3ns de baixo custe, baixo impacto e f\u00e1cil implementaci\u00f3n, que se desenvolven de maneira gradual.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Valorar a diversidade:<\/strong> apostar pola diversidade tanto na natureza como nas persoas, o que permite aumentar a resiliencia e a capacidade de adaptaci\u00f3n aos cambios.<\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>A permacultura \u00e9 unha ferramenta potente e vers\u00e1til que se adapta perfectamente \u00e1s necesidades dunha sociedade rural no s\u00e9culo XXI, no fin do antropoceno e no colapso civilizatorio derivado do fin das enerx\u0131\u0301as f\u00f3siles dispo\u00f1ibles a grande escala e nas crises culturais, sociais e ambientais subsecuentes.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Agricultura rexenerativa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A <a href=\"https:\/\/www.agriculturaregenerativa.es\/que-es-la-agricultura-regenerativa\/\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/www.agriculturaregenerativa.es\/que-es-la-agricultura-regenerativa\/\">agricultura rexenerativa<\/a> \u00e9 un enfoque agrario que procura a superaci\u00f3n do xa caduco e prostitu\u0131\u0301do concepto de \u201dsostibilidade\u201denfoc\u00e1ndose na restauraci\u00f3n e millora activa dos ecosistemas, especialmente no referente \u00e1 sa\u00fade dos solos e ao aumento da biodiversidade, ao tempo que se producen alimentos. A s\u00faa finalidade \u00e9 millorar a capacidade produtiva da terra potenciando os mecanismos ecol\u00f3xicos da fertilidade e simultaneamente reducir o impacto ambiental da actividade agr\u0131\u0301cola, recuperando os danos causados polas pr\u00e1cticas convencionais.<\/p>\n\n\n\n<p>Os seus principios b\u00e1sicos son:<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Millora da sa\u00fade do solo:<\/strong> a traverso de pr\u00e1cticas que aumentan a presencia de materia org\u00e1nica do solo, reforzan a s\u00faa estructura e favorecen a actividade biol\u00f3xica.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Diversificaci\u00f3n de cultivos:<\/strong> fomentar a biodiversidade de especies no agroecosistema, promovendo a rotaci\u00f3n de cultivos, a integraci\u00f3n e interacci\u00f3n simbi\u00f3tica de especies e, en definitiva, a creaci\u00f3n de sistemas agroecol\u00f3xicos m\u00e1is complexos.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Minimizaci\u00f3n da labranza:<\/strong> reducci\u00f3n ou eliminaci\u00f3n de procedementos de perturbaci\u00f3n mec\u00e1nica do solo (arado, fresado, rastrelado, etc.) para evitar a s\u00faa erosi\u00f3n, millorar a s\u00faa estructura e favorecer a actividade microbiol\u00f3xica.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Uso de compostaxe e fertilizaci\u00f3n org\u00e1nica:<\/strong> emprego de materias org\u00e1nicas como compost ou esterco pra millorar a fertilidade do solo sen depender de fertilizantes sint\u00e9ticos.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Cobertura do solo:<\/strong> manter o solo cuberto con plantas ou restos vexetais (como mulch) para evitar a erosi\u00f3n, millorar a retenci\u00f3n de humidade e favorecer din\u00e1micas edafol\u00f3xicas que potencien a biodiversidade.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Xesti\u00f3n hol\u0131\u0301stica da paisaxe:<\/strong> planificaci\u00f3n dos cultivos, a fauna e a flora nunha estrutura integrada que favoreza a sa\u00fade do ecosistema de xeito global.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Captura de carbono:<\/strong> favorecer a captura e fixaci\u00f3n de carbono no solo a trav\u00e9s de pr\u00e1cticas como o uso de cultivos de vida longa, a millora da estrutura do solo e a prantaci\u00f3n de \u00e1rbores.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Millorar a disponibilidade e a calidade da auga:<\/strong> potenciar sistemas fisico-biol\u00f3xicos que aumenten a retenci\u00f3n e produci\u00f3n de auga, fix\u00e1ndoa no lugar por infiltraci\u00f3n, producindo microclimas por evotranspiraci\u00f3n vexetal, impedindo a s\u00faa escorrent\u0131\u0301a sen control e millorando a calidade por procedementos de filtrado e biorremediaci\u00f3n presentes no propio sistema.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Resiliencia ao cambio clim\u00e1tico:<\/strong> aumentar a capacidade do sistema agrario para adaptarse a condici\u00f3ns clim\u00e1ticas extremas, como sequ\u0131\u0301as ou choivas intensas, millorando a s\u00faa capacidade de recuperar e manter a produtividade.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Revitalizaci\u00f3n da econom\u0131\u0301a e da sociedade:<\/strong> xerando emprego digno e oportunidades no mundo rural, fortalecendo a soberan\u0131\u0301a alimentar e a produci\u00f3n intensiva a pequena escala, de proximidade e con alimentos sans e de calidade.<\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>Resumindo: a agricultura rexenerativa sup\u00f3n un paradigma diferente na produci\u00f3n agr\u0131\u0301cola que centra a s\u00faa mirada no chan, nos procesos da s\u00faa fertilidade natural e no respeto aos procesos ecosist\u00e9micos que nil acontecen. Polo tanto este enfoque guiar\u00e1 en boa parte a aproximaci\u00f3n dende a que abordaremos o proxecto.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Agricultura sintr\u00f3pica<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A <a href=\"https:\/\/pt.wikipedia.org\/wiki\/Agricultura_sintr%C3%B3pica\">agricultura sintr\u00f3pica<\/a> \u00e9 un enfoque cultual desenvolvido polo agr\u00f3nomo, xenetista e ambientalista suizo <a href=\"https:\/\/pt.wikipedia.org\/wiki\/Ernst_G%C3%B6tsch\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/pt.wikipedia.org\/wiki\/Ernst_G%C3%B6tsch\">Ernst G\u00f6tsch<\/a>, que sintetizou a partires do estudo das pr\u00e1cticas de forester\u0131\u0301a ancestr\u00e1is de pobos orixinarios de Am\u00e9rica do Sul e que se centra na restauraci\u00f3n e xesti\u00f3n ecol\u00f3xica de sistemas agr\u0131\u0301colas. A idea central \u00e9 <strong>traballar coas din\u00e1micas da natureza<\/strong> e concretamente <strong>acompa\u00f1ar e potenciar a eficacia dos procesos da <\/strong><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sucesi%C3%B3n_ecol%C3%B3xica\">sucesi\u00f3n ecol\u00f3xica<\/a> para crear sistemas agr\u0131\u0301colas que sexan cada vez m\u00e1is productivos e resilientes, ao mesmo tempo que se milloran os ecosistemas e se restauran os solos.<\/p>\n\n\n\n<p>A agricultura sintr\u00f3pica busca a <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Neguentrop%C3%ADa\">sintrop\u0131\u0301a<\/a>, ou sexa, a creaci\u00f3n de auto-organizaci\u00f3n interna, armon\u0131\u0301a e abundeza en contraposici\u00f3n \u00e1 entrop\u0131\u0301a, que \u00e9 a tendencia \u00e1 desorganizaci\u00f3n e a escaseza interesada na que rematan os sistemas inorg\u00e1nicos e artificiais dominantes. Esta filosof\u0131\u0301a de traballo agrario ten como obxectivo organizar as interacci\u00f3ns entre as especies para imitar os procesos biol\u00f3xicos naturais, aumentando a produtividade ao tempo que se millora o solo e a biodiversidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Os principios fundamentais da agricultura sintr\u00f3pica son:<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Imitaci\u00f3n da sucesi\u00f3n ecol\u00f3xica natural:<\/strong> traballar cos procesos naturais de sucesi\u00f3n ecol\u00f3xica para restaurar os ecosistemas agr\u0131\u0301colas e millorar a s\u00faa capacidade produtiva de xeito progresivo.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Uso de cultivos permanentes:<\/strong> fomentar o uso de plantas de ciclo de vida extenso (que se mante\u00f1en ao longo dos anos) para reducir a alteraci\u00f3n do solo, millorar a s\u00faa estrutura e reducir os custos de xesti\u00f3n.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Diversificaci\u00f3n das especies:<\/strong> cultivar unha gran variedade de especies (arbustos, \u00e1rbores, plantas fixas, cultivos agr\u0131\u0301colas) en grande densidade que interact\u00faan de maneira sin\u00e9rxica, millorando a fertilidade do solo, a biodiversidade e a resistencia a pragas.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Cobertura permanente do solo:<\/strong> manter sempre o solo cuberto cunha capa de vexetaci\u00f3n ou de materia org\u00e1nica para evitar a erosi\u00f3n, millorar a retenci\u00f3n de auga e promover a actividade microbiana no solo.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Non usar produtos qu\u0131\u0301micos artificiais:<\/strong> evitar o uso de fertilizantes e pesticidas sint\u00e9ticos, favorecendo a fertilizaci\u00f3n natural (como compostaxe, esterco, <em>mulch<\/em>) e control biol\u00f3xico das pragas.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Acumulaci\u00f3n de carbono no solo:<\/strong> aumentar a materia org\u00e1nica do solo e capturar carbono, o que millora a s\u00faa estrutura e a s\u00faa capacidade de potenciar os procesos biol\u00f3xicos, incluida a retenci\u00f3n de auga, ao tempo de que contrib\u00fae \u00e1 mitigaci\u00f3n contra o cambio clim\u00e1tico.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Traballar minimizando ao m\u00e1ximo os insumos externos:<\/strong> na medida na que se pretende traballar coas leises naturais de ciclado de materiais, xerar sinerxias ecol\u00f3xicas e fortalecer procesos de autorregulaci\u00f3n e resilencia. Os sistemas agro- forestais sintr\u00f3picos tenden a empregar recursos locais e evitar insumos externos, co cal aumenta o rendemento e o balance econ\u00f3mico nos mesmos.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Agricultura en capas:<\/strong> ou traballo en estratos. Os sistemas agroforestais sintr\u00f3picos imitan a estructura dun bosque natural, utilizando diferentes niveis de plantas, desde as m\u00e1is baixas (herb\u00e1ceas) ata as m\u00e1is altas (dosel arborado), para maximizar a produci\u00f3n e a eficiencia nos procesos fotosint\u00e9ticos e no aproveitamento e ciclado da auga.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Restauraci\u00f3n ecol\u00f3xica:<\/strong> a agricultura sintr\u00f3pica tam\u00e9n ten un forte enfoque na restauraci\u00f3n de paisaxes degradadas, millorando a sa\u00fade do solo e recuperando ecosistemas danados con t\u00e9cnicas de <a href=\"https:\/\/pt.wikipedia.org\/wiki\/Biorremedia%C3%A7%C3%A3o\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/pt.wikipedia.org\/wiki\/Biorremedia%C3%A7%C3%A3o\">biorremediaci\u00f3n<\/a>, co cal se constit\u00fae nun caso espec\u0131\u0301fico dentro da agricultura rexenerativa previamente citada.<\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>A sintr\u00f3pica c\u00e9ntrase pois na <strong>xesti\u00f3n dos procesos<\/strong>, frente \u00e1 forester\u0131\u0301a convencional que se centra nos insumos. Por outra banda as <strong>densidades de plantaci\u00f3n<\/strong> son <strong>sustancialmente maiores<\/strong> das que habitualmente se manexan nas pr\u00e1cticas convencionais. Tam\u00e9n se fai especial \u00e9nfase na necesidade de establecer un consumo de kil\u00f3metro cero que permita aos nutrintes pechar os ciclos natur\u00e1is, a diferencia da agricultura industrial que traballa para suministrar productos a un mercado globalizado. O certo \u00e9 que os resultados emp\u0131\u0301ricos dos sistemas baseados en agricultura sintr\u00f3pica son realmente espectaculares, con tasas de produci\u00f3n verificadas moi por riba dos conqueridos con sistemas convencion\u00e1is. Por outra banda \u00e9 certo que requiren nas etapas iniciais un manexo constante e unha interacci\u00f3n continua, pero dende o punto de vista sintr\u00f3pico esto \u00fanicamente manifesta o papel que a especie humana ter\u0131\u0301a na biosfera: a de <strong>xestora e cocreadora de vida<\/strong>. Dende a nosa perspectiva \u00e9 un papel que pensamos tan desexable como axeitado e necesario no medio do antag\u00f3nico proceso de extinci\u00f3n masiva ao que o capitalismo tecnoindustrial ten levado a todo o planeta.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Conclusi\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>En definitiva: os principios te\u00f3ricos e pr\u00e1cticos que guiar\u00e1n o <em>Proxecto Castellum Terrae<\/em> prove\u00f1en de fontes e tradici\u00f3ns diversas, sen que esteamos fechados a novas aportaci\u00f3ns que podan ir xurdindo ou rematemos por elaborar as nosas propias. En todo caso o principio b\u00e1sico \u00e9 o de actuar conforme \u00e1 realidade biol\u00f3xica e \u00e1s leises fundamentais da ecolox\u0131\u0301a, sempre orientados a conquerir un ecosistema estable, abondoso e diverso que se integre no social e aporte valores \u00e9ticos e educativos no colaborativo.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Obxectivos<\/h2>\n\n\n\n<p>Nun proxecto destas caracter\u0131\u0301sticas non queda outra que abordar dous tipos de obxectivos, dependendo da escala temporal na que se ubiquen, a curto e longo prazo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Obxectivos a curto prazo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Avaliaci\u00f3n e dese\u00f1o do sistema agroforestal<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>An\u00e1lise das condici\u00f3ns do lugar:<\/strong> avaliar as caracter\u0131\u0301sticas do terreo, o clima, os recursos h\u0131\u0301dricos, a biodiversidade existente e os patr\u00f3ns de fluxo de nutrintes.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Dese\u00f1o da integraci\u00f3n de especies:<\/strong> definir a disposici\u00f3n e combinaci\u00f3n de cultivos, \u00e1rbores e plantas no sistema agroforestal. Esto incl\u00fae a selecci\u00f3n de especies aut\u00f3ctonas ou adaptadas ao clima local e a s\u00faa disposici\u00f3n para maximizar a sinerxia e a resiliencia do sistema.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Estabelecemento de zonas e estratos:<\/strong> usar os principios da permacultura para organizar o espazo en funci\u00f3n das necesidades, recursos e fluxos de enerx\u0131\u0301a do sistema (por exemplo, \u00e1reas de cultivo, zonas de vexetaci\u00f3n perenne, barreiras de vento, corredoiras de fauna, etc.).<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Milloramento inicial da sa\u00fade do solo<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Acondicionamento dos solos:<\/strong> implementar pr\u00e1cticas para restaurar a sa\u00fade do solo, como a aplicaci\u00f3n de compost, abonos verdes, cobertura do solo con <em>mulch<\/em> e a introduci\u00f3n de microorganismos beneficiosos.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Control da erosi\u00f3n e millora da retenci\u00f3n de auga:<\/strong> instalar medidas de control da erosi\u00f3n, coma sucalcos ou canles de infiltraci\u00f3n e aplicar t\u00e9cnicas para millorar a capacidade do solo para reter auga, como o uso de coberturas vexetais ou sistemas de captaci\u00f3n de auga de choiva.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Implementaci\u00f3n de pr\u00e1cticas agroforestais e sintr\u00f3picas iniciais<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Sementeira de cultivos e \u00e1rbores pioneiras:<\/strong> iniciar a plantaci\u00f3n de especies chave que act\u00faen como piares do sistema, como \u00e1rbores de r\u00e1pido crecemento, especies de servizo, cultivos perennes e plantas que aporten fertilidade (por exemplo, leguminosas).<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Desenvolvemento da din\u00e1mica de sucesi\u00f3n ecol\u00f3xica:<\/strong> aplicar as t\u00e9cnicas da agricultura sintr\u00f3pica, que promoven o uso da sucesi\u00f3n natural de plantas para fortalecer o ecosistema agr\u0131\u0301cola, creando unha maior diversidade estrutural.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Estabelecemento dunha base comunitaria e educacional<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Formaci\u00f3n e participaci\u00f3n comunitaria:<\/strong> involucrar \u00e1 comunidade local, a grupos de afinidade e \u00e1s persoas da Fundaci\u00f3n no proxecto, ofrecendo capacitaci\u00f3n sobre pr\u00e1cticas rexenerativas e agroecol\u00f3xicas.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Xeraci\u00f3n de conciencia ambiental:<\/strong> sensibilizar sobre a importancia das t\u00e9cnicas rexenerativas, a agricultura sintr\u00f3pica e a permacultura, promovendo un cambio cara a un modelo de produci\u00f3n agr\u0131\u0301cola m\u00e1is resiliente e respectuoso co medio ambiente. Neste punto, non descartamos colaboraci\u00f3n puntual con algunha das instituci\u00f3ns que est\u00e1n en condici\u00f3ns de achegar estes conceptos a un conxunto m\u00e1is amplo da poboaci\u00f3n, como concellos, deputaci\u00f3ns, etc.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><strong>Obxectivos a longo prazo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A longo prazo, os obxectivos d\u00e9bense expandir cara \u00e1 rexeneraci\u00f3n ecol\u00f3xica profunda, \u00e1 estabilidade e resiliencia do sistema e \u00e1 creaci\u00f3n dun modelo replicable que sexa econ\u00f3micamente viable e que poida contribuir \u00e1 afrontar os grandes retos de supervivencia que estamos comezando a sofrer: alteraci\u00f3n clim\u00e1tica, p\u00e9rdida de biodiversidade, contaminaci\u00f3n, colapso dos modelos civilizatorios previos, etc.<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Rexeneraci\u00f3n da biodiversidade e millora dos servizos ecosist\u00e9micos<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Restauraci\u00f3n da biodiversidade do solo e a fauna:<\/strong> incrementar a biodiversidade da fauna e flora, promovendo a rexeneraci\u00f3n de h\u00e1bitats naturais e facilitando a conexi\u00f3n de diferentes ecosistemas do entorno a trav\u00e9s de corredoiras biol\u00f3xicas.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Millora dos servizos ecosist\u00e9micos:<\/strong> asegurar que o sistema agroforestal proporcione servizos de forma activa como a polinizaci\u00f3n, a millora da cantidade e calidade da auga, o refuxio de biodiversidade ameazada, a captura de carbono e a protecci\u00f3n contra a erosi\u00f3n e a contaminaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Estabilidade e resiliencia a longo prazo do sistema<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Autonom\u0131\u0301a do sistema:<\/strong> desenvolver un sistema agr\u0131\u0301cola que, co tempo, sexa capaz de funcionar de xeito autosuficiente en termos de nutrintes, auga e biodiversidade sen a necesidade de insumos externos e que se mante\u00f1a fundamentalmente estable e autoregulado.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Ciclo pechado de nutrintes:<\/strong> promover un ciclo de nutrintes pechado onde os residuos das colleitas, o compost e outros excedentes org\u00e1nicos sexan reciclados de novo no sistema, reducindo a dependencia de insumos externos e promovendo o consumo local.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Aumento da produtividade agr\u0131\u0301cola rexenerativa<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Diversificaci\u00f3n de cultivos e fontes de ingresos:<\/strong> crear un sistema agr\u0131\u0301cola diversificado que permita obter m\u00faltiples produtos a partires da mesma parcela, reducindo os riscos de mercado e aumentando a rendabilidade do proxecto a longo prazo.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Produci\u00f3n de alimentos saudables e de calidade:<\/strong> asegurar que a produci\u00f3n agr\u0131\u0301cola estea orientada \u00e1 calidade dos produtos (frescos, saudables, vit\u00e1is, saborosos e sen agrot\u00f3xicos) e poida abastecer tanto o autoconsumo como a demanda de mercados locais ou mesmo o troco.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Produci\u00f3n de produtos alternativos e servizos: <\/strong>expandir a produci\u00f3n a outros bens de consumo: madeira, frebas vexet\u00e1is, productos medicinais e tam\u00e9n a servizos asociados: agroturismo, aulas did\u00e1cticas, roteiros, etc.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Interconexi\u00f3n e expansi\u00f3n do modelo<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Modelos de colaboraci\u00f3n e redes:<\/strong> Fomentar redes de colaboura entre agricultores, instituci\u00f3ns e comunidades, para compartillar co\u00f1ecementos e promover a creaci\u00f3n de novas iniciativas baseadas na rexeneraci\u00f3n de ecosistemas e espazos agrarios.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Escalabilidade do modelo agroforestal:<\/strong> a medida que o sistema se estabilice, explorar a posibilidade de replicar o modelo noutras \u00e1reas, facilitando a capacitaci\u00f3n e o soporte t\u00e9cnico para expandir a implementaci\u00f3n da agroecolox\u0131\u0301a rexenerativa.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Mitigaci\u00f3n do cambio clim\u00e1tico e restauraci\u00f3n da vitalidade<\/strong>\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Captura de carbono:<\/strong> desenvolver un sistema que contrib\u00faa activamente \u00e1 captura de carbono mediante a cobertura vexetal intensiva do territorio e a millora da sa\u00fade do solo, contribu\u0131\u0301ndo \u00e1 mitigaci\u00f3n do cambio clim\u00e1tico.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>Resiliencia fronte a ameazas:<\/strong> aumentar a capacidade do sistema agroforestal para adaptarse a eventos extremos: inundaci\u00f3ns, secas, lumes forest\u00e1is, etc. empregando principios como a diversificaci\u00f3n de cultivos e a xesti\u00f3n eficiente da auga e dos manexos.<\/li>\n\n\n\n<li><strong>A vitalidade como finalidade:<\/strong> crear un entorno natural e autosuficiente onde os procesos ecol\u00f3xicos se poidan desenvolver de forma principalmente aut\u00f3noma levando ao ecosistema a un estado de cl\u0131\u0301max.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Recensi\u00f3n<\/h2>\n\n\n\n<p>O proxecto agroforestal <strong>Castellum Terrae<\/strong> \u00e9 un proxecto ambicioso que se proxecta no tempo pero que inicia dende o agora. Estamos seguros de que a s\u00faa materializaci\u00f3n ha plasmar en t\u00f3dala s\u00faa extensi\u00f3n os fins da <strong>Fundaci\u00f3n Terrum<\/strong>, que est\u00e1 igualmente vencellada \u00e1 terra pero sen esquencer a s\u00faa dimensi\u00f3n social. Agardamos co proxecto vos resulte interesante e que vos animedes a inspirarvos nil e a mergullar tam\u00e9n as vosas mans na rexeneraci\u00f3n da vida natural.<\/p>\n\n\n\n<p>Terra e Liberdade!<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"has-text-color has-link-color has-medium-font-size wp-elements-2989e9dc1dfcf20ecbbaf6af7e4c8a2e\" style=\"color:#5f6b0b\">\u201d<em>Quen comprende o Tao vive sen forzar, sen interferir, sen deixar rastro.<\/em>\u201d \u2014 <strong>Lao Tze, Tao Te Ching<\/strong><\/p>\n<\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Iniciamos dende a Fundaci\u00f3n Terrum o proxecto Castellum Terrae (aka: Proxecto Castelo), unha proposta de agroforester\u0131\u0301a an\u00e1loga na que crearemos un bosque de alimentos nunha finca de perto de d\u00faas hect\u00e1reas chamada O Castelo que foi adquirida pola fundaci\u00f3n recentemente e que se atopa a poucos metros da propia Delegaci\u00f3n de Lugo no lugar do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-127","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/127","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=127"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/127\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":150,"href":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/127\/revisions\/150"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/castellum.terrum.social\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=127"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}